Entre o mércores e o xoves Benxamín, da editorial Edebé, veunos contar uns contos para animarnos a ler e espertar en nós o gusto pola lectura.

Os contos foron moi divertidos e, ademais debuxa tan ben que resulta moi interesante escoitalo e velo ir creando as personaxes a poucos ata que, de repente, na lousa estaba unha personaxe do conto. Semellaba tan doado de facer!!