Estamos de noraboa no noso centro, xa que a nosa comunidade educativa ven de recibir tres galardóns na última edición dos premios Muralla convocados polo xornal "El Progreso".

Jimena Vázquez, de 4º de primaria, resultou gañadora no apartado de redacción, no que tamén resultou finalista Cecilia Plaza, de sexto. Por outra banda, o noso centro resultou galardoado por ser o que máis redaccións presentou ao concurso.

 

Felicidades a todos e a todas polo voso traballo e a vosa implicación!

 

Se queredes acceder á noticia no xornal, facede click aquí.