Desde as 14.00 horas do día de hoxe, 24 de abril de 2018, estará exposto no taboleiro da entrada ao centro a listaxe provisional de admisión de alumnado para o curso 2018-2019. 

 

Segundo a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación no seu artigo 30 punto 3 pódese ler que “As listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas deberán publicarse antes do día 25 de abril de cada ano, indicando expresamente que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar no caso de centros públicos, e ante a titularidade no caso de centros privados concertados”.

 

Polo tanto, tedes de prazo ata o día 3 de maio ás 14.00 horas para presentar as reclamacións por escrito ante a dirección do centro.

 

En Lugo a 24 de abril de 2018.

Atentamente,

 

 

Óscar Bartolomé Fernández

Director