Dende a volta das vacacións de navidades ata finais de marzo, no noso colexio os nenos e nenas de primaria traballaron nun proxecto da área de naturais adicado aos seres vivos e os seus hábitats.

 

Comezaron con unha preparación teórica previa na cal os profesores de cada curso puxeron en materia aos alumnos, rescatando coñecementos previos e usando diversas técnicas (como pode ser a chuvia de ideas, a visualización de vídeos, flipped learning, gamificación, aprendizaxe basado en xogos...).

 

Unha vez rematada esta primeira parte, os titores de cada grupo dispuxeron o material necesario nas aulas para que a través de metodoloxías cooperativas elaborasen o produto final, neste caso, dioramas sobre os ecosistemas e documentais sobre especies endémicas do noso país.