Durante todo este curso, os alumnos de francés de 4º de ESO están a desenvolver un proxecto coa intención de aprender a utilizar a lingua gala de forma fluída nun contexto da vida cotiá. A partir dos grupos base establecidos no aula, os rapaces e rapazas participan na gravación e montaxe de escoitas e vídeos que intercambian cos seus homólogos franceses.

 

A realización deste proxecto desenvolvese co alumnado dunha escola francesa de Lyon, coa idea de que os nosos alumnos de último curso se desenvolvan de xeito oral en contextos habituais, coñecendo a cultura e costumes do pais que están a estudar, así como coñecer novos compañeiros cos que manter un contacto a maiores do establecido nos proxectos para continuar co emprego da lingua.