O 11  de abril os nenos de 6º fomos ás Médulas. Foi unha excursión moi bonita, aprendemos que é un monumento natural,  dotado de diferentes figuras para a súa conservación como o título de Patrimonio da Humanidade.

Neste lugar tan fermoso os romanos extraían ouro.

Visitamos as galerías de Orellán e o mirador. Tamén estivemos no lago de Carucedo donde demos boa conta dos bocadillos que levabamos para repoñer forzas despois dunha mañá camiñando.