O pasado 22 de marzo os alumnos e alumnas de 4º da ESO celebramos unha bonita xornada de convivencia cristiá na Mariña Lucense.

Ó longo do día fixemos unha ruta de sendeirismo co obxectivo de reflexionar cada un sobre o traxecto vivido, as pedras que nos atopamos, os apoios recibidos, as nosas emocións... En cada paso, votamos a vista atrás sobre todos estes anos vividos no Colexio Salesiano e tamén reflexionamos sobre cómo continuar ese percorrido, as metas, as preocupacións e os nosos desexos e proxectos para o futuro, compartindo todas as impresións en grupo.

Un día de sol, camiño e reflexión que todos desfrutamos moito.