O 21 de marzo os nenos e nenas de 4º visitamos o Parlamento de Galicia. Alí vimos as diferentes estancias onde traballan os nosos representantes.

Tamén tivemos a sorte de poder asistir como público ao pleno do Parlamento e escoitar as opinións dos diferentes grupos políticos.

Despois recibíronnos as deputadas por Lugo, Encarnación Amigo e Julia Rodríguez.

Ao rematar de comer e xogar regresamos para Lugo con gañas de volver a desfrutar da próxima saída.