Rematamos o trimestre facendo diferentes convivencias. Os de 6º de EP tivemos un día de convivencia o mércores 21 de marzo. Foi un día moi intenso xa que pasamos o día todos xuntos reflexionado e coñecéndonos; falamos dos nosos sentimentos, das nosas preocupacións.... esas pedras que fomos atopando ao longo da etapa de primaria, así como os caxatos que nos serviron para saír adiante.

O resto dos alumnos de primaria, fixemos a  convivencia hoxe, 23 de marzo, empezamos cos bos días por megafonía e a visita da procesión dos nenos de infantil. Os de 6º recibimos aos voluntarios do local social da Milagrosa para agradecerlles o tempo que nos adicaron, para eso presentámoslles o documental que fixemos ao longo do trimestre