Durante este trimestre dende o Anpa organizáronse diferentes obradoiros para os nenos e nenas de ESO. No mes de febreiro, coa colaboración da empresa Salutrans, tivo lugar unha pequena charla sobre primeiros auxilios con prácticas en maniquíes de RCP para 3° de ESO.No mes de marzo, tocoulle ao alumnado de 1° de ESO cunha charla sobre Bullying con casos reais impartido pola psicóloga, Belén Rodríguez Vázquez. Remataron todos tecendo unha rede de propósitos contra o acoso escolar.E, finalmente, tamén neste mes de marzo, realizouse unha actividade cos nenos e nenas de 2° de ESO na que un experto da Policía Nacional explicoulles os riscos das redes sociais e das novas tecnoloxías e  deulles algúns consellos para evitalos.