O pasado luns 26 foi a quenda de 1º da ESO que compartiu a súa xornada de convivencia. Os alumnos e alumnas viviron este día con moito entusiasmo e unha gran participación por primeira vez na súa entrada en secundaria. A xornada estivo repleta de momentos para compartir reflexións e ideas sobre os seus talentos, intereses para o futuro, aspectos positivos e a mellorar, así como grandes momentos de xogos e risas.

Un día distinto e bonito para recordar no seu inicio nesta nova etapa.