O pasado 23 de febreiro, os nenos e nenas de 2º de Primaria fomos de excursión ao Parque Eólico de Sotavento coas profes Paula, Merce e Patri.

Alí a prendemos moitas cousas sobre os muíños de vento e a enerxía hidráulica. Aproveitamos o calor do sol para facer chocolate e construímos unhas cometas ben xeitosas. Agora somos uns verdadeiros expertos!!

Pasamos un día xenial, cheo de xogos e diversión, mirade as fotos e veredes que día tan divertido!!