O mércores 21 de febreiro os alumnos e alumnas de 3º EP xunto cos nosos titores e o profe de inglés, saímos do cole en dirección Ponferrada.

Alí visitamos o MUSEO DA ENERXÍA ou FÁBRICA DA LUZ.

 

A visita tivo dúas partes, a primeira foi unha visita guiada polo museo, onde aprendemos moitas cousas, vimos unha locomotora, carbón e os seus diferentes tipos, sala de caldeiras....,ao mesmo tempo que íamos cubrindo un caderniño que nos deron.

A segunda parte foi un obradoiro de bonecos mecánicos,feitos cunha botella de plástico, unha palliña,,un arame... custounos un pouco facelos, pero ao final todos trouxemos o noso de recordo.

Para comer fomos a un  parque enorme, chamado do Temple,onde comemos,xogamos e mercamos algunha que outra chuche.

Despois disto puxémonos de novo camiño de Lugo.

En resumo, foi un día moi divertido .