Acabamos de chegar, coma quen di, de pasar un estupendo día na Coruña. Comezamos ben cedo visitando a Casa das Ciencias e tendo unha sesión de planetario que nos ensinou moitas cousas sobre os planetas, estrelas e galaxias que nos rodean, e que nos plantexou moitas preguntas que esperamos ser quen de darlles resposta nos vindeiros anos. Tras visitar o resto do centro, fixemos un recreo máis que merecido no Parque de Santa Margarida e logo fomos comer á cantina do MUNCYT. 

Tras unha boa comida compartindo risas e alimentos, embarcámonos nunha serie de desafíos por grupos que nos levaron a ver vellos ordenadores, robots parlantes e incluso cabinas de avións. Decidimos que a Bussiness class está moi ben, coas súas pantallas de televisión e eses asentos taaaaan enormes. 

A pesares de ir cansos, na viaxe de volta nos mostramos tan animados e animadas coma na de ida, e chegamos a Lugo cun bo sorriso nos beizos.