Onte celebramos en 2º de ESO unha xornada de convivencia chea de momentos de reflexión, para compartir e para celebrar.

Entre todos estes momentos os alumnos e alumnas reflexionaron sobre a súa vocación, intereses, talentos e ideas para o futuro. Tamén se divertiron todos xuntos vendo unha película francesa cunha mensaxe bonita e positiva: A familia Bélier.

Á hora da comida, aqueles e aquelas que o quixeron, quedaron a comer no colexio compartindo momentos de sorrisos e xogos.

Pola tarde participaron nunha celebración na Parroquia onde puideron reflexionar sobre a xornada de convivencia vivida. Xuntos destacaron aqueles aspectos positivos de cada un e aqueles aspectos a mellorar, aproveitando o inicio da Coresma, un tempo de reflexión.