Hoxe pola mañá,nas etapas de Primaria e Secundaria, tivemos como é habitual as diferentes celebracións de inicio da Coresma, na capela do colexio e na parroquia.

Os xestos máis importante das celebracións foron: a imposición da cinza e da colonia.

Tivemos un momento onde reflexionamos sobre as cousas que non non deixan desfrutar do Sabor da Felicidade.

E como remate en Primaria ,do Tarro da Felicidade,collemos un papeliño de cor cun compromiso, compromiso que intentaremos cumprir como sinal de cambio,neste tempo de Coresma, tempo de preparación para a festa máis importante dos cristiáns, tempo de camiño cara á Pascua.