Ao longo desta semana os nenos e as nenas de Salesianos estivemos a celebrar o entroido. Fixemos actividades para coñecer as diferentes tradicións en diferentes puntos de Galicia e rematamos hoxe pola tarde coa festa. Viñemos disfrazados e trouxemos postres típicos destas datas, que logo degustamos entre todos.

Tivemos unha visita moi especial, un par de Cigarróns estiveron correndo polo colexio, e fixemos un desfile para amosarlles aos compañeiros os nosos disfraces.

Foi unha tarde moi divertida!