O día 31 de xaneiro todo o colexio celebramos a festividade do noso fundador con diferentes actividades, Bos días especiais,xogos de aula,titoría e celebracións relixiosas na Parroquia nas diferentes etapas,onde presentamos os catro pilares importantes para Don Bosco (casa, escola,patio, parroquia) así coma os ingredientes que son precisos para elaborar unha receita perfecta con Sabor a Felicidade e como non podía faltar unha degustación,que estaba moi boa, de estrela michelín.

 

Xa pola tarde tivemos o torneo de Don Bosco no patio onde puidemos participar en varios xogos.

 

Foi un día moi intenso onde queríamos honrar a DON BOSCO.

 

VIVA DON BOSCO!