Alumnos e alumnas de 4º de ESO visitaron o pasado venres a Fundación TIC de Lugo, nunha xornada moi entretida e práctica na que puideron aprender e experimentar de primeira man o desenrolo de diversas actividades relacionadas coas tecnoloxías audiovisuais. Tras unas clases teóricas, pasaron a práctica e foron os protagonistas da 6ª edición do Ticodiario, un informativo moi especial, que podedes disfrutar no seguinte enlace:

TICODIARIO Divina Pastora Lugo

Como podedes ver xa son auténticos profesionais da plataforma audiovisual. 

Gracias a Fundación TIC por acollernos e compartir con nós tantas cousas interesantes e entretidas. ¡Esperamos repetir a experiencia!.