Como cada ano os alumnos de 1º, 3º e 4º da ESO comezamos o Proxecto de intercambio lingüístico cun colexio de Francia. A finalidade deste proxecto anual é coñecer xente nova, da idade dos nosos alumnos, experimentar coa lingua francesa e sobre todo, coñecer outra cultura.

Os alumnos máis novos realizaron unha presentación persoal en lingua francesa que imos mandar á Institution Sain Paul na cidade de Saint Étienne, cerca de Lyon. Nesa presentación os alumnos describíronse, falaron dos seus gustos e preferencias e invitan aos alumnos de Saint Paul a coñecerse un pouco máis. Do mesmo modo os alumnos franceses están a estudar a lingua castelá e mandarannos a súa presentación. Aínda non recibimos as súas cartas mais os nosos alumnos espéranas impacientes.

Un pouco máis diferente foi o proxecto realizado por parte dos alumnos de 3º e 4º da ESO xa que eles tiveron que grabarse en vídeo poñendo en práctica non soamente os seus coñecementos senón a súa pronuncia. Tras varios intentos e moitas risas, conseguiron realizar uns vídeos do máis orixinais que enviamos a Saint Paul e nós, puidemos gozar dos seus vídeos.

Aínda quedan moitas aventuras futuras que continuaremos ao longo do curso!!