HISTORIAS CON SABOR A NADAL.

 

Imos explicarvos un pouco por que este ano eliximos esta temática,para o noso Belén colexial.

A escritura foi inventada dende hai miles de anos, nembargante a maneira de comunicala foi cambiando ao longo da historia,agora reprodúcese a través  das Novas Tecnoloxías.

Pero o libro, vehículo da lectura e ferramenta imprescindible para transmitir o conxunto de saberes humáns, pero non pode nin debe desaparecer.

Outra cousa é que se podan especializar pero nunca as Novas Tecnoloxías poderían  desprazalos. Nós, dende a Comisión Armando o Belén, queremos darlle un pulo ao libro tradicional, ao seu manexo, ao pasar follas, queremos a biblioteca chea de libros, chea de sabor a  VIDA. Por iso, aquí plasmamos un anaco da nosa biblioteca do colexio, no que non pode faltar unha escada para chegar a eses libros que están máis altos. Hoxe a escada brilla no noso Belén, simbolizando a escada de Xacobe citada na Biblia, no Xénese.

E tamén no Evanxeo de San Xoán (1, 51) no seu evanxeo menciónaa dicindo: “En verdade, en verdade dígovos que veredes abrirse o ceo e aos anxos de Deus subindo e baixando sobre o Fillo do Home”.

É por iso que a Comisión quixo darlle a esta escada a interpretación desa estrela que nos aluma nos orienta e nos leva a coñecer a Xesús, o Verbo feito Carne.

O Misterio enmarcámolo dentro do libro máis importante para os cristiáns que é a Biblia. Asemade quixemos representar outros escenarios coas súas citas bíblicas: a visita dos Reis Magos, o castelo do Rei Herodes, a adoración dos pastores...

Quixemos tamén, ter un espazo adicado á lectura para que cada un de nós e dos visitantes que se acheguen estes días poidamos desfrutar coa lectura de diferentes Historias de Nadal.

Escollemos un libro motivador que fomos lendo nas aulas “El día después de Navidad” de Marta Rivera de la Cruz que se agocha no corazón da mini biblioteca e que tamén serviu para continuar esa historia ou inventar outras que podedes ler cando teñades un anaco de tempo.

 

Esperamos que vos guste, e desexámosvos que desfrutedes de cada recanto que neste Belén se agocha.

Estades todos e todas invitados a visitalo.

 

BO NADAL!!!