O 10 e o 24 de novembro os nenos e as nenas  de 1º e 2º de primaria fomos visitar a clínica dental Sanitas Millenium. Ademáis de visitar as instalacións ensináronnos como é unha carie e a importancia dun bo cepillado e como levalo a cabo dun xeito correcto.

Outra actividade moi divertida foi ver os diferentes utensilios e como se empregan. 

Unha vez rematada esta visita aproveitamos para visitar o mercado municipal e a  praza de abastos, onde moitos de nos non foramos nunca! Estivemos visitando os diferentes postos.