O alumnado de 6º de educación infantil visitou o obrador "Vientos de azúcar", unha das actividades que están a realizar co proxecto "Comer san".

Mónica, a dona desta pastelería, dirixiu un taller de galletas con ingredientes de calidade, que logo merendaron no colexio, invitando á mesma a degustalas acompañándoas co leite fresco que a gandería Quintián, durante o mes de novembro, nos ofrece para dar a coñecer as propiedades e beneficios dun leite que procede directamente da granxa.