Este ano, os alumnos e as alumnas de 3º da ESO celebramos o Halloween aprendendo un pouco máis sobre a súa orixe e as tradicións que na actualidade perviven especialmente nos países de fala inglesa. Tamén tivemos a oportunidade de preparar as típicas cabazas. Para isto vimos algúns vídeos e explicamos cal é o proceso de limpeza e baleirado das cabazas, as ferramentas que os “máis profesionais” empregan, e tamén algúns consellos para prolongar a súa conservación unha vez abertas. Tras mostrar algúns exemplos, cada quén sacou as súas ideas para poder preparar unhas cabazas en condicións para facer unha exposición no corredor de secundaria.

O día de Halloween, a primeira hora, agardábanos un corredor a escuras, iluminado só polas candeas no interior das nosas “Jack O’lantern”.

E, para rematar, nesa mesma semana, tivemos a visita especial de Simone, que nos axudou a aprender algo máis sobre o Halloween e tamén nos animou a falar e participar no seu “Quiz” e tamén nos trabalinguas, cancións e deseños de terroríficos “cupcakes”.