O xoves pola tarde os nenos de Infantil e Primaria celebramos o magosto no colexio, esta actividade puxo fin ao proxecto do outono.

Óscar contounos o milagre das castañas de Don Bosco e os nenos e nenas de 5º cantáronnos un rap que fixeron eles co seu mestre de música.

As castañas trouxémolas asadas da casa. Rubén e uns papás e mamás quentáronas no tambor.

Os nenos e as nenas de infantil estiveron observando como se asaban as castañas no tambor. Foi unha tarde divertida!