Os nenos e as nenas de infantil, 1º e 2º de primaria están a saborear o leite natural da Granxa Quintián. Tódolos días a media mañá tomamos un vasiño e así aprendemos hábitos saudables.

En infantil esta actividade está dentro do proxecto "Comer San" e en educación primaria englobámolo no proxecto de ciencias da natureza "O corpo humano"