Os nenos e nenas de infantil o martes 31 de outubro celebraron o Samaín, festa tradicional da cultura galega. Foi un día moi divertido e fixemos moitas actividades: bailes, cantamos cancións, tivemos un obradoiro de cabazas, degustamos doces terroríficos e visitamos a exposición de cabazas que fixeron os nenos da ESO.