O mércores 25 de outubro, os alumnos e alumnas de 3º de educación primaria acompañados de Jose (profe de prácticas) e Javi e Mónica os nosos titores, fixemos unha visita ao Concello.

Atendeunos Ana González Abelleira, concelleira de Benestar, Igualdade e Inclusión que nos explicou no salón de plenos,o funcionamento do noso concello.

Tivemos tamén a oportunidade de facerlle unha morea de preguntas.

Aproveitando a ocasión fixemos un paseo polo casco histórico da nosa cidade.