Durante toda a semana previa ao Domund no noso colexio acordámonos dos misioneiros, eses valentes que adican a súa vida axudar aos mais necesitados. Nós tivémola sorte de contar coa presencia de Juan Antonio Fraile, un madrileño que estivo 27 anos en África e está desexando voltar. Juan Antonio contounos a súa experiencia como misioneiro a tódolos nenos de infantil e primaria: dificultades, satisfaccións... e nos axudou a ver o mundo doutra maneira máis xusta.

Para a etapa da ESO veu a falar Jesús Santiago, o delegado de misións da diócese de Lugo. Seguro que a mais de un nos fixo cavilar.