O pasado 9 de outubro descubrimos dun xeito práctico como se forman as mareas. Tamén aprendemos que hai mareas vivas e mortas.

E o máis interesante de todo foi que nos explicaron como se formaron as Catedrais, o fráxiles que son e como, se non as cuidamos, se destruirán en moi pouco tempo. Temos un dos maiores tesouros naturais do mundo, polo tanto é a nosa obriga protexelas e coidalas.