VIAXE FIN DE ETAPA DE 6º EP EN MANZANEDA.

O mércores 31 de maio, un grupo de 42 alumnos e alumnas de sexto, xunto cos nosos profes ( Mónica, Javi Costoya e Luis Santamarina) collemos rumbo hacia Manzaneda onde pasamos tres dias de convivencia inolvidables.

Desfrutamos dun montón de actividades moi variadas, nas que o pasamos xenial, tales coma Circuito de Karts, rocódromo, ruta de sendeirismo, tiro con arco, equitación, vivacs, ximcana de habilidades, pelota canadiense, orientación fotográfica, sesión disco onde movemos o esqueleto coma senón houbera mañá.

Chegamos a Lugo o venres arredor das nove e media da noite, cansadísimos de tanta aventura e do pouco descanso que tivemos, porque algúns de nós durmimos moi pouco porque había que aproveitar a ocasión.

En fin, foi unha experiencia inolvidable que sempre recordaremos.