Coma todos os anos, os alumnos e alumnas de 4º visitamos a aldea de Castrelo, en Cambados, para aprender multitude de cousas na Granxa Escola Serantellos. Fixemos pan, aprendemos moitísimo sobre animais tanto da granxa coma salvaxes da zona (sobre todo aves). Para moitos e moitas era a primeira vez lonxe das nosas familias, pero entre todos e todas fixemos desta viaxe unha experiencia inesquecible. De ser por nos, podiamos quedar un mes máis polo menos!