Benqueridas familias,

 

O DOG do 22 de maio de 2017 publica a Orde do 16 de maio de 2017, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

 

Estes son algúns datos de interese. Para máis información pasar por secretaría.

 

Presentación de solicitudes:

Requisitos:

Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5400€.

Ter unha renda per cápita familiar a 5400€ e igual ou inferior a 9000€ (Só para fondo libros e axuda libros)

Prazo:

Rematará o día 23 de xuño de 2017

Solicitudes: Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria

A solicitude será única para todos os fillos e tipos de axuda.

Enderezo: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros/ (ANEXO I)

Procedemento ED330B