O día 15 de maio tivo lugar no noso colexio a celebración do día das letras galegas na honra de Carlos Casares. No patio do colexio colocouse un maio, e todo o alumnado recibiu a letra do himno galego nun marcapáxinas de papel. Varios rapaces e rapazas fixeron lectura de fragmentos da obra de Carlos Casares, e tamén se colocaron flores sobre o maio. Finalmente, todos os presentes cantaron o himno galego.