Onte tivemos una visita máxica, espectacular, estivo connosco a Banda Municipal de música de Lugo, mostrándonos onde se unen a música e a maxia.

Unha agrupación musical formada por instrumentos de vento metal coma o saxofón ou a tuba, e instrumentos de percusión coma o triángulo, todo elo adornado cos traxes de feiticeiros que levaban os artistas e a inestimable compaña dun mago, nos levaron ao mundo da fantasía a través da interpretación de obras coma “ O señor dos aneis” ou "Harry Potter".

Os nenos desfrutaron coa música, aprenderon algún instrumentos e quedaron marabillados cos trucos de maxia que acompañaron á audición.

Toda una mistura de sensacións que a nenos e mestres nos deixaron expectantes para o vindeiro ano.