Foi un día xenial!!!!!!!! Os nenos e nenas de 1º e 2º marchamos rumbo a Lalín, unha vila da provincia de Pontevedra para visitar unha casa un tanto especial, a Casa do Patrón.

Esta casa-museo está ubicada no rural, onde Vanesa, Luis, Lola….. ensináronnos pequenos apeiros (arados, xugos, mal, sachos, fouciños….) cunha gran historia, auténticos símbolos da Galicia dos últimos tres séculos. Así mesmo coñecimos os oficios artesáns que había na época dos nosos avós e avoas: o ferreiro, o latoeiro, o zoqueiro….. e visitamos as distintas instancias dunha casa típica galega: a taberna, a alcoba, a lareira……

Para rematar esta fantástica excursión, pola tarde, dimos un paseíño rodeado de prados verdes, árbores florecendo, bolboretas inquedas….. para descubrir un pequeno castro onde viviron os castrexos tanto coñecidos na nosa cidade lucense.

Foi unha experiencia moi divertida compartida con todos os compañeiros/as e as nosas mestras.

Cando repetimos?????