Os días 6 e 7 de Abril os alumnos de 1º de ESO visitamos as cidades de Astorga e León. O Xoves realizamos unha visita guiada  ao Museo Romano de Astorga, onde puidemos ver os restos que o imperio romano deixou na cidade de Asturica Augusta. Visitamos tamén o Museo do Chocolate, onde se nos presentou a historia do chocolate na cidade e puidemos ver pezas de diferentes características relacionadas co mundo do cacao e do chocolate.  E tamén visitamos o Palacio Episcopal de Astorga, edificio proxectado polo prestixioso arquitecto Antoni Guadí.

O Venres visitamos a cidade de León, dirixíndonos cara a súa catedral, onde unha audioguía nos ía dirixindo o percorrido e explicando as diferentes partes do propio edificio da catedral. Logo fixemos un percorrido polo centro histórico da cidade de León. Para xa finalmente, retornar á Lugo moi cansos, pero tamén moi ledos pola experiencia acontecida.