42 mozos e mozas de 2º de ESO temos temos pasado 3 días de saída cultural en Allariz, os últimos días de marzo.Coñecemos a poboación e a súa contorna, así como o seu pasado vinculado á produción de liño e de coiro. Hoxe en día reconverteuse nun lugar atractivo para os visitantes con interesantes propostas culturais e de ocio. Roteiros de sendeirismo, desfiles de moda, elaboración de pulseiras de coiro, paseos en bici e a cabalo, ser pastores (de 300 ovellas!) e queixeiros por un día... Son algunhas das actividades que puidemos realizar. E o mellor: 3 días de convivencia cos nosos compañeiros que nos souberon a gloria. Tamén é de agradecer a atención e o servizo da Comunidade Salesiana de Allariz. E para rematar ben puidemos darnos un baño relaxante a 40ºC nas termas de Outariz, en Ourense. Que máis se pode pedir? Imos outra vez de excursión, non si?