O martes 4 de abril os nenos de 5º fomos de excursión á Coruña. Estivemos no planetario, onde nos ensinaron moitas cousas do espazo que nos rodea: estrelas, planetas, constelacións...

Despois fixemos moitos experimentos, sentímonos coma auténticos físicos e químicos e, para rematar a visita á casa das ciencias esperábamos poder ver nacer un pitiño, pero... non houbo sorte.

Despois de repoñer forzas, acudimos o Muncyt, onde fixemos unha fonte ¡ Cunha botella e unha palliña! Tamén fixemos unha viaxe moi interesante polo mundo dos avións.

Foi unha excursión moi interesante e pasámolo moi ben.