E por fin, tras anulacións e un pequeno tempo de incertidume, os nenos e nenas de 4º de EP logramos ir ao Parlamento de Galicia este pasado mércores, 29 de marzo. Tivemos moita sorte, xa que fixo un día espectacular. Aprendimos montóns de cousas sobre cómo funciona o Parlamento, sobre cómo se aproban e debaten as leis e sobre como funciona o noso sistema de goberno. 

Para rematar o día, fixemos unha pequena visita a Xabi, o que fora o noso director, e tamén fomos visitar ao Apóstolo Santiago no seu templo. Con días así da gusto estar neste cole!