O pasado mércores día 8 de marzo, os alumnos/as de sexto, acompañados polos nosos mestres/as saimos de excursión á provincia de León para visitar as antigas minas de ouro Romanas coñecidas como As Médulas, toda a viaxe foi moi divertida e constructiva. Tamén visitamos o lago de Carucedo, formado como consecuencia das minas, onde comimos uns bocatas e descansamos da camiñata, e por último visitamos a vila de Villafranca Del Bierzo onde puidemos merendar e divertirnos un pouco no parque.