O Xoves 23 de Febreiro, os nenos e nenas de Primaria xunto cos seus mestres e mestras celebramos o tradicional entroido colexial, non faltaron os productos típicos: orellas, rosquillas, filloas... que compartimos entre todos, e que por certo estaban moi boas. Non faltaron os superheroes e as superheroínas, as princesas e príncipes, personaxes dos videoxogos, meigas...etc.

Fixemos un desfile todos xuntos e tivemos a sorte de contar coa presenza dun Peliqueiro que mostrou un dos disfraces máis tradicionais do entroido en Galicia.