O Venres 24 de Marzo moitos rapaces e rapazas do Colexio Salesiano Divina Pastora viñeron ás clases caracterizados pola festa do entroido. Tivemos xornada lectiva normal agás a última hora, onde todos xuntos fixemos un acto común. Por ser día 24, fixemos unha oración como ben sendo habitual nos bos días. A AMPA entregou os premios ao curso gañador da decoración do taboleiro de antroido. E xa para rematar, o disfraz seleccionado como gañador dende as diferentes aulas da ESO recolleu o seu premio. Que teñades todos un bo antroido!