O día 15 de febreiro celebramos a Operación Bocata Solidario, na que mestres, alumnos e familias nos reunimos para plantarlle cara á fame a través do noso compromiso. Cunha participación moi numerosa (arredor de 400 persoas), tanto os nenos e nenas de EP como os mozos e mozas da ESO e as súas familias encheron de vida o patio do noso centro, ademais de teren oportunidade de participar nun xogo de baloncesto pais, profesores e alumnos de 6º de EP e 4º da ESO.  Unha xornada de convivencia que nos concedeu a oportunidade de estreitar lazos con toda a comunidade que forma este centro. Moitas grazas a todos!