O pasado mércores, para a clase de Lingua Inglesa e Educación Física os alumnos e alumnas de 3º da ESO tiveron unha visita especial: Michael Fakuade, do C.D. Breogán.

Sendo natural de Chicago, contounos en inglés algo da súa vida e tamén da súa traxectoria profesional, e a continuación, organizados por grupos, os alumnos e alumnas prepararon algunhas preguntas ó xogador.

Ó remate da clase, puidemos sacar algunhas fotos e tamén pedirlle un autógrafo. Algúns ata trouxeron unha camiseta para que lla asinase!!