ENCONTRO ANTIGOS ALUMNOS/AS

DON BOSCO 2017



Benqueridos amigos, antigos alumnos e alumnas,



Hai tempo pasaches por un centro salesiano e como ben sabes o seu fundador foi San Xoán Bosco. Entorno a esta data gustaríanos celebrar todos os anos algunha actividade ou celebración para e con vós,os antigos alumnos e alumnas.Nós lanzamos a invitación e acompañaremos as vosas iniciativas, pero queremos que sexades vós os protagonistas. Por iso, para ver que podemos facer, queremos invitaros:



  • Ao Triduo en honor de San Xoán Bosco os días 29, 30 e 31 de xaneiro nas misas da tarde da parroquia; o domingo ás 18.30 horas e o luns e o martes ás 19.30 horas.



  • A un encontro no salón de actos do colexio ao finalizar a celebración do día 31, sobre as 20.30 horas, para ter un sinxelo momento de convivencia e para dialogar sobre algunha actividade que poidamos organizar como grupo,por exemplo: unha cea por promocións, algunha actividade lúdica ou cultural...



Moitas grazas pola vosa acollida e queremos seguir contando con vós e construíndo VIDA para seguir dando a coñecer máis a Don Bosco e o estilo salesiano na nosa cidade.

CONTAMOS CON VÓS!

Atentamente:

Óscar Bartolomé Fernández