- Detalles
O alumnado de educación infantil e de educación primaria, amósase moi contento por rematar este segundo trimestre con éxito, grazas ás medidas de seguridade seguidas dende o centro, á responsabilide das familias e sobre todo pola ilusión dos nenos/as por vir ao cole e poder compartir experiencias.
Como remate do trimestre escenificaron no patio a procesión da Virxe da Esperanza, dunha maneira estática e con distanciamento de seguridade.
Representantes de cada aula de primaria e todo o alumnado de infantil disfrutaron da escenificación na que os cofrades, respectando sempre o grupo burbulla de aula, procesionaron e levaron en andas a pequena Virxe á vez que todos xuntos, entoaban a Salve mariñeira.
- Detalles
Todo o alumnado do colexio está comprometido no coidado, sensibilización e concienciación do medio ambiente. Por eso levamos varios cursos realizando distintas accións educativas relacionadas con este tema, como por exemplo "Venres polo Futuro".
Este curso seguimos traballando valores medioambientales e co lema "Non máis promesas baleiras", lema da movilización global polo clima, convocada o pasado 19 de marzo, para reclamar que os estados cumplan o pactado no Acordo de París, o alumnado de Infantil, de primaria e da ESO levaron a cabo o xoves 17, distintas accións educativas a favor do medio ambiente, tales como: Lectura dun manifiesto, elaboración de carteis con lemas, saída ao patio cos carteis, visionado de videos do cambio climático que se está a vivir e interpretaron a canción "Canta polo clima".
As novas xeracións teñen que saber o que está a acontecer porque das accións de hoxe, dependerá o seu futuro.
- Detalles
- Detalles
Xa tedes dispoñible a Escola de familias do mes de Xaneiro con tema "LINGUAXE INCLUSIVA". Esperamos que sexa do voso interese.
- Detalles